Saltar ao contido
Repónlo

Control de vending sen Excel

O teu Excel non sabe que máquina toca hoxe.

Repónlo si. Márcache a máquina que baixa de ocupación ou ten celas baleiras, e ensínache o que vendiches de verdade en cada unha.

Importas a túa folla en CSV Gratis para unha máquina, para sempre Sen tarxeta

Resumo do negocio en Repónlo: vendas rexistradas, ocupación das máquinas e botón para comezar unha reposición

O problema

A folla aguanta ata que deixa de aguantar.

Unha folla de cálculo serve para gardar datos. Para dicirche que facer mañá, non.

Actualízase cando te lembras

Apuntas nun papel diante da máquina e pásalo á folla pola noite. Ou non.

Unha fórmula rota e adeus

Alguén borra unha cela e os totais deixan de cadrar sen que ninguén o note.

Non te avisa de nada

Non sabe que máquina está a quedar baleira nin que caduca a semana que vén.

Como o resolve Repónlo

Da folla á ruta, sen comezar de cero.

  1. Importas a túa folla

    Gárdala como CSV e súbela: produtos, e que vai en cada cela de cada máquina, co seu prezo e a súa capacidade. Antes de dar nada de alta ves que vai pasar con cada fila.

  2. Repós desde o móbil

    Diante da máquina, cela a cela, anotas o que queda e o que engades. As vendas saen soas e o almacén descóntase.

  3. Ves o que a folla non che dicía

    Que máquina toca, canto vende cada cela e cada produto, que está por debaixo do mínimo e que caduca pronto.

Sen ataduras

E os teus datos seguen a ser teus.

O que máis custa de deixar unha folla é o medo a non poder volver. Aquí podes.

  • Lévalo todo en CSV. Descárgalo desde Configuración cando queiras. Tamén se decides marchar.
  • Sen instalar nada. Entras desde o móbil, a tableta ou o ordenador.
  • Cada persoa co seu usuario e o seu permiso: quen repón, quen administra ou quen só consulta.
  • Servidores na Unión Europea. Detrás está Consultoría EHERO S.L.U., de Vigo.

Preguntas

Antes de probala.

Que se importa da miña folla?

Os produtos e a configuración das máquinas: que vai en cada cela, co seu prezo e a súa capacidade. As vendas comezan a contarse coas túas reposicións en Repónlo.

Serve se as miñas máquinas non teñen telemetría?

Si, está pensada xusto para iso. As vendas saen do que contas e cargas en cada reposición, e dos contadores da máquina se os apuntas.

Canto custa?

Unha máquina é gratis para sempre, sen tarxeta. Se levas máis, hai plans desde 19 € ao mes, máis impostos, con todas as funcións e sen permanencia.

Xubila o Excel. A túa ruta agradécecho.

Dá de alta a túa primeira máquina nuns minutos. Gratis e sen tarxeta.

Comeza gratis cunha máquina