Saltar ao contido
Repónlo

Lista de carga para vending

Outra vez de volta ao almacén por dúas caixas?

Repónlo faiche a lista de carga antes de saír: cantas unidades de cada produto precisan as máquinas que visitas hoxe.

Gratis para unha máquina, para sempre Sen tarxeta Sen instalar nada

Lista de carga en Repónlo: once produtos e noventa e dúas unidades que sacar do almacén para as máquinas do día

O problema

Cargar a ollo sae caro.

Se levas poucas máquinas, a lista do que hai que cargar adoita estar na túa cabeza. Funciona ata que deixa de funcionar.

Media furgoneta volve sen abrir

Cargas «polo si ou polo non» e paseas todo o día caixas que hoxe non facían falta.

Fáltache xusto o que máis sae

Chegas á terceira máquina e o produto que máis se vende quedou no almacén.

A lista só a sabes ti

O día que repón outra persoa, sae ás cegas.

Como o resolve Repónlo

A lista feita antes de arrincar.

  1. Escolles as máquinas do día

    Marcas as que vas visitar. Se dubidas por cal comezar, as próximas visitas sinálanche a que baixa de ocupación ou ten celas baleiras.

  2. A lista diche que sacar

    Cantas unidades de cada produto hai que coller do almacén, sumando o que lle falta a cada cela desas máquinas.

  3. Compártela ou imprímela

    Mándaslla por mensaxe a quen carga ou lévala no móbil. Ao repoñer, o que metes na máquina descóntase do almacén.

De onde saen os números

Sen telemetría: sae das túas propias visitas.

Repónlo non se conecta á máquina. Calcula co que anotas en cada reposición.

  • A capacidade de cada cela. Dala de alta unha vez, ou impórtala da túa folla.
  • O que quedaba e o que engadiches na última visita á máquina.
  • O ritmo de venda de cada cela. Cómpre ter pasado dúas veces pola máquina para telo. Ata entón, a lista parte do que deixaches na última reposición.

Preguntas

Antes de probala.

Teño que dar de alta todos os meus produtos á man?

Non. Gardas a túa folla como CSV e impórtala: produtos, e tamén que vai en cada cela de cada máquina, co seu prezo e a súa capacidade. E coa cámara do móbil les o código de barras dun produto para dalo de alta.

Serve se un día repón outra persoa?

Si. Invitas ao teu equipo por correo e cada un entra co seu usuario e o permiso que lle deas: quen repón, quen administra ou quen só consulta.

Canto custa?

Unha máquina é gratis para sempre, sen tarxeta. Se levas máis, hai plans desde 19 € ao mes, máis impostos, con todas as funcións e sen permanencia.

A túa próxima ruta, xa coa lista feita.

Dá de alta a túa primeira máquina nuns minutos. Gratis e sen tarxeta.

Comeza gratis cunha máquina